Irene Montero dá a luz aos seus mellizos aos seis meses de xestación

Os dous bebés, que naceron este martes pola mañá, atópanse en observación

Irene Montero. SERGIO BARRENECHEA (EFE)
photo_camera Irene Montero. SERGIO BARRENECHEA (EFE)

A portavoz de Unidos Podemos no Congreso, Irene Montero, deu a luz sobre as nove da mañá deste martes nun hospital público madrileño no que permanece ingresada.

A esta hora Irene Montero atópase ben, segundo informaron a Efe fontes próximas a Montero, que confirman que os bebés, que naceron con seis meses de xestación, "están en observación".

O pasado mes de marzo, Irene Montero e o secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, anunciaron que serían pais de mellizos este próximo outono.

A portavoz de Unidos Podemos estivo traballando con normalidade ata este luns mesmo, cando asistiu ao pleno do Congreso que votaba a renovación do consello de administración de RTVE.

Comentarios