Irrompen en coche no aeroporto de Barcelona e lanzan unha proclama islamita

Os Mossos detiveron aos dous ocupantes do vehículo, de nacionalidade albanesa
Vehículos de la Ume en las afueras de El Prat. ENRIC FONTCUBERTA
photo_camera Vehículos da Ume nos arredores do Prat. ENRIC FONTCUBERTA

Un dos dous detidos este venres tras acceder co seu vehículo ao interior do aeroporto de Barcelona fixo unha proclama de tipo islamita, segundo anunciou o comisario xefe dos Mossos d'Esquadra, Eduard Sallent, que indicou que todas as hipóteses están abertas.

Os Mossos detiveron a dúas persoas que cara ás cinco da madrugada accederon co seu vehículo ao interior da zona intermodal da Terminal 1 do aeroporto barcelonés do Prat de Llobregat, aínda que ninguén resultou ferido e os Tedax descartaron que o turismo levase explosivos.

Trátase de dous homes de nacionalidade albanesa, dos que polo momento non constan antecedentes por radicalización islamita, segundo indicou Sallent nunha rolda de prensa telemática xunto ao conseller de Interior, Miquel Buch, na que insistiron en que non se pode descartar ningunha hipótese sobre este incidente.