Junqueras pide ao Supremo a súa liberdade inmediata e anular sentenza do procés

A defensa do político insiste en que a súa proclamación como eurodiputado foi oficial cando estaba en situación de prisión provisional
Oriol Junqueras. AEP
photo_camera Oriol Junqueras. AEP

O exvicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras pediu ao Tribunal Supremo a súa inmediata posta en liberdade e a nulidade da sentenza do procés ao considerar, na liña do ditado polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que adquiriu a inmunidade tras resultar elixido eurodiputado.

No seu escrito ao Supremo, o avogado Andreu Van den Eynde recorda que o recente fallo europeo establecía que Junqueras gozaba de inmunidade "desde o momento da proclamación oficial dos resultados" das eleccións europeas nas que resultou elixido.

Nas súas alegacións, a defensa de Junqueras insiste en que a súa proclamación como eurodiputado foi oficial cando estaba en situación de prisión provisional, e subliña que a xustiza europea determinou na súa sentenza que "ningunha interpretación nacional pode impedir o desenvolvemento das funcións dos europarlamentarios". 

Comentarios