Kim Jong-un reaparece nos medios tras os rumores sobre a súa saúde

Asistiu a unha cerimonia que marcou o final dunhas obras nunha planta de fertilizantes
Kim Jong-un. EFE
photo_camera Kim Jong-un. EFE

O líder norcoreano, Kim Jong-un, fixo este sábado a súa primeira aparición nos medios estatais norcoreanos logo de estar ausente do ollo público durante unha vintena de días, o que disparou os rumores sobre o seu estado de saúde.

Os medios oficiais do réxime recollen este sábado a asistencia de Kim a unha cerimonia que marcaba a finalización da construción dunha planta de fertilizantes en Sunchon, na provincia de Pyongan do Sur, segundo informou a axencia surcoreana Yonhap.

Trátase da primeira aparición do líder norcoreano desde o pasado 11 de abril, unha longa ausencia que, unida ao feito de que non asistiu a varios eventos importantes do réxime, xerou todo tipo de conxecturas sobre o seu estado de saúde e incluso sobre a súa posible morte.

Comentarios