A Lei do aborto recollerá os ventres de aluguer como "explotación reprodutiva"

A norma inclúe tamén unha nova tipificación de distintas violencias sexuais, como a agresión sexual, os abusos, o acoso ou o proxenetismo
Irene Montero, ministra de Igualdad. EFE
photo_camera Irene Montero, ministra de Igualdade. EFE

O Ministerio de Igualdade considera os ventres de aluguer un tipo de violencia contra a muller e decidiu recoller esa explotación "reprodutiva" na reforma da Lei de dereitos sexuais de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo.

Fontes de Igualdade confirmaron este xoves que será nesa reforma, anunciada pola ministra Irene Montero no Congreso, onde se aborden os polémicos ventres de aluguer.

Primeiro chegará á mesa do Consello de Ministros o proxecto de lei orgánica de garantía integral de liberdade sexual, onde se establecerá a nova tipificación de distintas violencias sexuais, como a agresión sexual, os abusos, que pasarán a ser agresións; o acoso ou o proxenetismo.

Desde Igualdade recoñecen que hai violencias machistas que quedaron fóra desta norma: os abortos forzados, a esterilización forzosa, a violencia xinecoobstétrica e a explotación reprodutiva ou ventres de aluguer.

Segundo explican as fontes, optouse por incluílas na reforma da lei do aborto ao considerar que teñen un carácter máis reprodutivo que sexual. 

Comentarios