Marcos de Quinto tamén deixa Ciudadanos

Súmase ás baixas de Girauta e Carolina Mejías polo seu desacordo coa decisión de apoiar a prórroga do estado de alarma
Marcos de Quinto. EMILIO NARANJO
photo_camera Marcos de Quinto. EMILIO NARANJO

O deputado de Ciudadanos e portavoz económico, Marcos de Quinto, decidiu abandonar o partido por estar en desacordo coa decisión de Cs de apoiar de novo a prórroga do estado de alarma. 

A través da súa conta de Twitter, De Quinto explicou que informou á líder de Cs, Inés Arrimadas, da súa intención de marcharse "por diferenzas con algunhas decisións", as cales -recoñeceu- "son lexítimas e democráticas". 

"Desexo o mellor a Cs pois sigo crendo que é un partido absolutamente necesario no noso país", sinalou o que foi un das fichaxes estrela de Albert Rivera para as eleccións do 28 de abril. 

Comentarios