María Jesús Montero: "Somos un Goberno cohesionado"

A ministra portavoz descarta tensións internas no Goberno de coalición
María Jesús Montero, este xoves en rolda de prensa. EFE
photo_camera María Jesús Montero, este xoves en rolda de prensa. EFE

A ministra portavoz do Goberno, María Jesús Montero, descartou tensións internas no Executivo por mor das palabras do vicepresidente segundo, Pablo Iglesias, admitindo "erros" de comunicación na crise do coronavirus. "Somos un Goberno cohesionado", dixo.

Así respondeu Montero ao ser preguntada na rolda de prensa tras o Consello de Ministros polas manifestacións de Iglesias, quen pediu perdón pola confusión creada polo propio Goberno á hora de explicar aos cidadáns as condicións nas que os nenos podían saír á rúa.

Petición de desculpas que se produciu apenas 24 horas despois de que fose a propia María Jesús Montero a que detallase en rolda de prensa unhas condicións que ás poucas horas corrixiu o Goberno.

Na mesma liña de Iglesias pronunciouse este venres a ministra de Igualdade, Irene Montero, que recoñeceu que o Goberno cometeu un erro de comunicación cando avanzou as condicións en que deixaría saír á rúa aos menores de 14 anos.

A pesar destas palabras, a ministra portavoz insistiu en que o Goberno está "cohesionado" e "forte" e "traballando sen descanso" para loitar contra a crise do coronavirus e as súas consecuencias.

Comentarios