Mas ve unha "vinganza" no fallo de Contas polo 9-N pero promete "non desfallecer"

Os condenados, que recorrerán, aseguran que afrontan esta situación con "enteireza, serenidade, firmeza e convicción"

Artur Mas y otros condenados por el 9-N. ALBERTO ESTÉVEZ
photo_camera Artur Mas y otros condenados por el 9-N. ALBERTO ESTÉVEZ

O expresidente da Generalitat Artur Mas prometeu este martes que "non desfallecerá" a pesar dos "intentos de destrución persoal", tras a condena do que rebautizou como "tribunal de axuste de contas" sobre o 9-N, unha sentenza que admitiu que "fai dano" pero non lles dá "medo".

Mas compareceu nos xardíns do Palau Robert, franqueado polos exconsellers Joana Ortega, Francesc Homs e Irene Rigau, ademais doutros condenados polo Tribunal de Contas a devolver case cinco millóns de euros gastados pola Generalitat na consulta soberanista do 9-N de 2014.

Os condenados, recalcou Mas, non só recorrerán a sentenza, senón que afrontan esta situación con "enteireza, serenidade, firmeza e convicción", e non con resignación "nin desfalecemento": "Se alguén pensa que facéndonos dano deste xeito nos desmoralizaremos ou nos afundiremos, van moi equivocados", advertiu.

Tras consideralo "unha vinganza e unha aberración", Mas remarcou: "Fíxonos dano, pero non nos dá medo". 

Comentarios