Mattel retira do mercado unha hamaca infantil de Fisher Price por "incidentes"

A empresa pide aos pais e coidadores que deixen de usala e a devolvan

A mecedora de Fisher Price. EP
photo_camera A mecedora de Fisher Price. EP

A empresa Mattel retirou de forma voluntaria e a nivel mundial a hamaca infantil Fisher-Price Rock'n Play Sleeper despois de que se notificaron "certos incidentes nos que o produto foi utilizado de forma contraria ás advertencias e instrucións de seguridade". Recentemente, segundo publicaron varios medios, este organismo lanzou unha alerta despois de que se relacionase o falecemento de dez bebés ao envorcarse a hamaca.

En España non se notificou ningún incidente relacionado co uso deste produto, aseguraron fontes de Sanidade.

A retirada é aplicable a todos os modelos e a empresa pide aos pais e coidadores que deixen de usala e a devolvan. Recibirán un reembolso completo polo produto adquirido na Unión Europea nos dous últimos anos.

Comentarios