Un membro da Manada agride en prisión a un condenado por abusos sexuais

Ángel Boza, coñecido como 'O Aspirante', foi trasladado de módulo tras participar presuntamente nunha agresión a un mozo musulmán 

La Manada. GALICIAÉ
photo_camera A Manda. GALICIAÉ

Un dos cinco condenados da Manada, Ángel Boza, de 26 anos e coñecido como O Aspirante, foi cambiado de módulo na prisión de Pamplona na que se atopa por participar presuntamente nunha malleira que lle propinaron varios reos a un mozo musulmán que acababa de entrar no cárcere por abusar dunha moza nun bar. 

Segundo informou El Programa de Ana Rosa, Ángel Boza ten antecedentes por roubo con forza e delitos contra a seguridade viaria por conducir baixo os efectos do alcol e as drogas. 

Ata entón compartía módulo con José Ángel Prenda e Jesús Escudero, outros dous membros da Manada. Boza era chamado O Aspirante porque estaba nunha especie de período de proba no que tiña que superar varios retos para ser un membro de pleno dereito de Manada.

Segundo El Mundo, o avogado de Boza asegura que o seu cliente non participou na pelexa e que se arquivaron as actuacións contra el. Tamén apunta que, tras coñecerse a sentenza contra A Manada, pediu medidas de protección especial para non ter que saír ao patio.