Os menores de 16 anos non poderán utilizar WhatsApp

A app de mensaxería aplicará a restrición coa súa nova actualización
WhatsApp. EP
photo_camera WhatsApp. EP

WhatsApp será dentro de pouco cousa de maiores de 16 anos en EuropaWabetainfo vén de desvelar que a aplicación de mensaxería instantánea propiedade de Facebook comezará a facer efectivo ese límite de idade coa súa próxima actualización, para o que estaría a desenvolver unha función para deixar fóra a quen non alcancen os 16. Como constata a web, falta saber como pode detectalos, entre outras cousas.

Isto suporía comezar a aplicar un límite de idade que en realidade WhatsApp xa prevé entre as súas condicións de uso, segundo as cales os residentes nun país europeo deben ter polo menos 16 anos para utilizar os seus servizos "ou a idade requirida no seu país", un límite que sitúa en 13 anos no resto de estados.

"Se non ten a idade suficiente para ter autoridade para aceptar os nosos termos no seu país, os seus pais ou titores deben aceptar os nosos termos no seu nome", constata entre as súas condicións.

Comentarios