Cinco mortos, 21 feridos e o atacante abatido nun novo tiroteo en Estados Unidos

Rexistrouse en Odessa (Texas)

[AVANCE] Polo menos cinco persoas morreron este sábado e outras 21 resultaron feridas nun tiroteo rexistrado este sábado no oeste de  Texas, en Estados Unidos, onde o presunto autor foi abatido polas autoridades.

Un portavoz da Policía na cidade de Odessa, en  Texas, dixo nunha rolda de prensa televisada que o atacante disparou desde un vehículo contra as súas vítimas nunha zona de centros comerciais.

O Departamento de Policía de  Midland ( Texas) anunciou na súa páxina web que o presunto autor do tiroteo foi abatido e faleceu polos disparos recibidos en Cinergy, na poboación de  Odessa.