A militancia do PSOE avala a coalición con Podemos cun 87% dos votos

O 93,64% de militantes do PSC tamén aproban o pacto coa coalición morada
Pedro Sánchez, junto a dos militantes que también acudieron a las urnas en Pozuelo de Alarcón. FERNANDO ALVARADO (Efe)
photo_camera Pedro Sánchez, xunto a dúas militantes que tamén acudiron ás urnas en Pozuelo de Alarcón. FERNANDO ALVARADO (Efe)

O acordo do PSOE con Unidas Podemos para un goberno progresista de coalición obtivo un respaldo en torno ao 87 por cento dos militantes que votaron este sábado, segundo os primeiros datos provisionais facilitados a EFE por fontes socialistas.

A consulta ás bases, que é vinculante, segundo os estatutos federais do PSOE, contou cunha participación do 72 por cento en poboacións grandes e do 52 por cento nas pequenas o que supón un media superior á consulta de 2017 sobre o pacto de goberno con Cs, e que foi do 51,7 por cento.

O PSC TAMÉN DÁ O SEU CONSENTIMENTO

O 93,64% de militantes do PSC e das súas mocidades (JSC) aprobaron este sábado o preacordo de goberno PSOE-Unidas Podemos, segundo un comunicado do partido. 
Os votos favorables da consulta interna son 6.007, mentres que votaron en contra 335 (5,22%). 

Rexistráronse un 1,09% de votos en branco e un 0,05% de votos nulos. 
Participou na consulta o 44,94% do censo, o que supón 6.415 persoas do censo total de 14.276.

Comentarios