Morre afogado un neno de oito anos nunha piscina en Lleida

Mossos, médicos e un helicóptero desprazáronse ao lugar para intentar reanimar ao menor sen éxito

Un neno de oito anos morreu este xoves afogado na piscina do club de tenis La Serreta de Lles Borges Blanques (Lleida). 

Segundo informaron os Mossos d'Esquadra a Europa Press, recibiron un aviso ás 12.45 horas sobre unha incidencia cun menor na piscina. 

Un helicóptero, catro patrullas dos Mossos e médicos do Centro de Atención Primaria (Cap) do municipio desprazáronse ata o lugar, onde intentaron reanimar ao neno sen éxito. 

Comentarios