O catedrático de Dereito Constitucional Enrique Álvarez Conde, director do máster de Cristina Cifuentes na Universidade Rei Juan Carlos e exdirector do Instituto de Dereito Público faleceu este luns, segundo confirmaron a Efe fontes universitarias.
Álvarez Conde estaba de baixa médica desde que estalou a polémica en torno ao máster de Cifuentes. Álvarez Conde era un dos catro procesados no caso do máster por un suposto delito de falsidade documental, pola suposta falsificación da acta do traballo de fin de máster da expresidenta rexional.