Morre o exalcalde rockeiro de Oencia, o berciano que pedía o voto para Fraga

José Estenga, que foi primeiro edil do municipio leonés limítrofe con Lugo, tiña 62 anos

José Estanga, el alcalde rockero de Oencia
photo_camera José Estanga, el alcalde rockero de Oencia

José Estanga, exalcalde de Oencia, municipio leonés limítrofe con Lugo e Ourense e no que parte da poboación fala galega, coñecido como o alcalde rockeiro, faleceu este sábado aos 62 anos en Ponferrada, vítima dunha longa enfermidade.

Estanga retirouse da política no ano 2015 por motivos de saúde, logo de case tres décadas como alcalde do municipio leonés polo PP.

Segundo explicaron a Efe fontes deste partido no Bierzo, os restos mortais do exalcalde chegarán ás seis da tarde ao tanatorio de Ponferrada e o funeral oficiarase este domingo ás 17.00 horas en Oencia.

Estanga era coñecido como o alcalde rockeiro do Bierzo pola súa afección a este tipo de música. 

No ámbito político deuse a coñecer no ano 1987, cando foi elixido o rexedor máis novo de España por Alianza Popular, e fíxose popular por acompañar ao líder do partido, Manuel Fraga, en varias campañas autonómicas.

José Estanga compaxinaba o seu labor político á fronte do consistorio de Oencia, no que gobernou vinte e nove anos, cos concertos de música rock. Durante a década de noventa participou en diversos programas de televisión e gravou varios discos. 

Comentarios