Morre o neno operado por Cavadas por un tumor na cabeza

O menor faleceu no avión de regreso á súa casa, de Madrid a Casabranca
Un TAC con diferentes imaxes do tumor de Emmanuelle antes da intervención. TAC
photo_camera Un TAC con diferentes imaxes do tumor de Emmanuelle antes da intervención. TAC

O neno africano de 10 anos ao que o cirurxián Pedro Cavadas extirpou un tumor craneofacial non maligno, que formaba unha masa máis grande que a súa cabeza, faleceu este venres no avión no que viaxaba de regreso á súa casa, de Madrid a Casabranca.

Segundo informaron a Efe fontes da contorna de Cavadas, ao parecer o menor sentiuse indisposto durante o voo e o avión tivo que facer unha aterraxe de urxencia en Málaga.

As mesmas fontes aseguran estar "consternados" e "abatidos" polos feitos, xa que o menor pasou unha última revisión o pasado xoves e atopábase en perfecto estado para regresar ao seu país.

O equipo de Pedro Cavadas espera o resultado da autopsia que esclareza as causas da morte do neno e ofrecerá unha nota oficial o vindeiro luns.

Aspecto que presentaba o tumor do pequeno.EFEO caso do menor Emmanuel, cun fibroma osificante xigante de base de cranio, chegou á Fundación Cavadas a través dunha entidade que ten unha clínica no Congo e non podía abordar unha intervención tan complexa xa que o tumor, que seguía crecendo, impedíalle ver e falar. 

O cirurxián informou nunha entrevista con Efe de que fora un dos tumores máis grandes que interviñera e que o pequeno chegou a Valencia "malnutrido, moi débil e cun problema de coagulación non diagnosticado de orixe que lle facía sangrar en cada cura". 

Emmanuel viaxou a España para a operación xunto ao seu pai, Jules Mbulá, quen explicou que o neno levaba cinco anos co tumor e pasara por moitos hospitais sen atopar unha solución. 

Comentarios