Morre un neno de 18 meses afogado nunha piscina de L'Ametlla de Mar

Os feitos ocorreron o xoves pola tarde nunha urbanización

Un neno de 18 meses e nacionalidade belga faleceu afogado nunha piscina de L'Ametlla de Mar (Tarragona), informaron a Europa Press os Mossos d'Esquadra. 

Os feitos ocorreron o xoves pola tarde nunha piscina particular da urbanización Tres Cales do municipio, á que se dirixiron servizos sanitarios que non lograron reanimar ao pequeno. 

O alcalde de L'Ametlla, Jordi Gaseni, explicou en declaracións aos medios que o consistorio estudará se, mediante unha ordenanza, pode obrigar a que os apartamentos e chalés turísticos que dispoñen de piscina teñan que pór algún tipo de protección.