Morren cinco dos sextillizos nados hai un mes en Marrocos

O único sobrevivente atópase en situación crítica

Cinco dos sextillizos que unha moza marroquí deu a luz o pasado abril en Marrakech, no sur de Marrocos, faleceron, e o único sobrevivente atópase nunha situación crítica. O pai dos xemelgos indicou, segundo recolle o portal da segunda cadea marroquí 2M, que tres deles faleceron primeiro e máis tarde outros dous, "a pesar da atención clínica que tiveron".

A muller, de 30 anos de idade, levaba casada sete anos, sen poder quedar embarazada. Cando o logrou, deu a luz sextillizos, nun parto provocado o pasado 26 de abril, aos sete meses de embarazo, na maternidade dunha clínica privada. Ao nacer, os bebés pesaban entre 630 e 1.300 gramos e necesitaron asistencia respiratoria e alimenticia.

O nacemento dos sextillizos tivo entón gran repercusión nos medios locais e as redes sociais (non se ten constancia doutro parto de sextillizos), ata saberse que cinco dos seis os bebés non puideron superar o mes de vida.

Comentarios