Un mozo ruso extírpase os xenitais e as mamilas polo seu amor ás tatuaxes

Adam Curlykale comezou a tatuarse tras sufrir cancro. Ten máis do 90% do seu corpo cuberto de tinta e conta a súa historia nas redes sociais

Adam Curlykale. INSTAGRAM
photo_camera Adam Curlykale. INSTAGRAM

Adam Curlykale é un mozo ruso coñecido polo seu extravagante aspecto. Máis do 90% da súa pel está cuberta por tinta e decidiu extirparse os xenitais e as mamilas para non ter zonas do seu corpo que non estivesen tatuadas.

Detrás da súa imaxe hai unha historia, que podemos coñecer a través das redes sociais. Nelas mostrou os distintos cambios que sufriu o seu corpo ao longo dos anos e o por que das transformacións.

Tras sufrir cancro e pasar por tratamento, Adam entrou nunha depresión por mor da súa imaxe. Foi entón cando decidiu empezar a tunearse a pel, comezando polos globos oculares ata chegar a quitarse os xenitais e as mamilas.

"A vida é tan curta que xa deixei de pensar que pasará mañá. A vida é aquí e agora", afirma nas súas redes o protagonista desta rechamante historia. 

Comentarios