Morre a curmá do neno Julen de forma repentina en Málaga

A nena, de tan só sete anos, sentiu dificultades para respirar cando se atopaba na rúa
José Roselló e Vitoria García, os pais de Julen. DANIEL PÉREZ (EFE)
photo_camera José Roselló e Vitoria García, os pais de Julen. DANIEL PÉREZ (EFE)

Unha nena de sete anos faleceu de forma repentina este xoves en Málaga. Segundo informa Diario Sur trátase da curmá de Julen Roselló, o neno de dous anos que faleceu tras caer a un pozo en Totalán en xaneiro de 2019. 

Os feitos ocorreron ao redor das 10.30 horas nunha rúa do barrio de El Palo. Ao parecer, a pequena comezou a ter dificultades para respirar.

O persoal sanitario que acudiu ao lugar practicoulle manobras de reanimación cardiopulmonar durante máis de media hora sen éxito. Finalmente, decidiuse trasladala a un hospital, pero faleceu na ambulancia. 

O corpo da nena foi trasladado ao Instituto de Medicina Legal de Málaga para a práctica da autopsia que determinará a causa da morte. 

Comentarios