Unha muller de 99 anos recibe unha carta que lle mandou o seu noivo en 1941

O seu prometido escribiuna cando viaxaba nun cargueiro que foi afundido polos nazis a 300 milla9s das costas de Irlanda

Carta. EP
photo_camera Carta. EP

Unha muller de 99 anos de idade recibiu unha carta de amor do seu prometido soldado, máis de 77 anos despois de que a escribise.

Phyllis Ponting aceptara unha proposta de matrimonio de Bill Walker, quen foi enviado á India durante a Segunda Guerra Mundial, pero nunca recibiu resposta del.

A carta foi atopada no fondo do océano despois de que un barco mercante foi afundido por submarinos alemáns en 1941. O mensaxe de amor do novo soldado ferido foi recuperado con máis de 700 cartas do naufraxio do SS Gairsoppa.

A desconsolada Phyllis, cuxo apelido de solteira era Aldridge, casou con outro home, Jim Holloway, e tivo catro fillos. Cando el morreu, ela volveu contraer nupcias, con Reginald Ponting.

Na carta, el escribe acerca da súa proposta de matrimonio

A muller foi identificafa como ‘a Phyll' que se le nas cartas despois de que unha televisión fixese unha reportaxe recentemente. Despois foi visitada por un representante do London Postal Museum, que lle entregou unha copia da carta de Bill.

"Non podo crer que a carta estivese no fondo do mar e agora podo lela", dixo Phyllis, quen ten catro netos e sete bisnetos.

"Non creo que Bill sobreviva á guerra, pola contra acudiría directamente á miña dirección en Roseland Avenue", aventurou.

Na carta, el escribe acerca da súa proposta de matrimonio.

Foi unha das 700 cartas persoais, moitas delas escritas por militares, perdidas cando o barco de carga de vapor foi torpedeado fronte á costa de Irlanda.

O navío, que tamén transportaba unha enorme cantidade de 48 toneladas de prata, afundiuse case 4.700 metros ata o fondo do Atlántico, afogando a 83 dos 84 tripulantes, a unhas 300 millas da costa de Galway.

Comentarios