Axentes da Policía Foral sorprenderon un camioneiro que conducía sen cinto mentres vía unha telenovela na tablet, nun control de seguridade na N-121-A, á altura do municipio navarro de Bera.
O infractor é un veciño de Madrid de 40 anos que conducía un camión articulado, atendendo á información divulgada pola Policía Foral, que indica que foi sancionado cunha multa de 400 euros e a perda de seis puntos do carné polas dúas infraccións á Lei de Seguridade Viaria.
A Policía Foral realiza frecuentes controis nesa vía, unha das de maior sinistralidade de Navarra, na que o pasado fin de semana faleceron dous mozos.