Nadal fala por primeira vez da súa voda: "Divertímonos unha chea"

A previa do gran duelo ante Djokovic viuse influenciada polo mediático enlace do tenista con Xisca Perelló
Rafa Nadal y Xisca Perelló, en una de las imágenes publicadas. FUNDACIÓN RAFA NADAL © (2)
photo_camera Rafa Nadal e Xisca Perelló, no día da súa voda. FUNDACIÓN RAFA NADAL ©

O tenista Rafael Nadal confesou este xoves que el e a súa esposa Xisca Perelló gozaron moito ese "gran" día que foi a súa voda o pasado sábado nunha leira en Mallorca, e revelou que a parella se divertiu ademais "unha chea".

"Gozamos moito este bonito día. Divertímonos unha chea e gozamos coas persoas que nós queriamos que estivesen (no enlace) e por iso tivemos un gran día", dixo o tenista mallorquino nunha rolda de prensa na capital kazaka antes dun partido benéfico para a súa fundación co serbio Novak Djokovic.

"Foi algo que estiveramos preparando durante moito tempo, pero xa pasou e agora é o momento de volver para o fin da tempada de tenis e é bo regresar para un evento benéfico", dixo o tenista, ao referirse ao Duelo de titáns, que disputará este xoves con Djokovic, un dos seus maiores rivais.

A voda, de Nadal con Xisca Perelló tras quince anos de noivado, celebrouse o pasado día 19 en Sa Fortalesa, unha leira de Pollença situada ao norte da illa de Mallorca.

A discreción foi a nota dominante dunha voda, na que Nadal vestiu un chaqué gris marengo, e a noiva, un vestido branco de manga longa con encaixe francés e inspirado no movemento artístico Art Déco e deseñado por Rosa Clará.

Entre os invitados da parella figuraban os reis eméritos Don Juan e Dona Sofía, os familiares e amigos de ambos, o actual adestrador de Nadal, e tenistas como Carlos Moyà, Marc López, Feliciano López, David Ferrer e o extenista arxentino Juan Mónaco.

Comentarios