A nai do Cuco entrará en prisión por romper a orde de afastamento dos pais de Marta del Castillo

Rosalía García é condenada a sete meses de prisión por non pagar a multa imposta por este feito

Llegada de Rosalía Inmaculada García, madre del Cuco, a los juzgados de Sevilla. A3
photo_camera Chegada de Rosalía Inmaculada García, nai do Cuco, aos xulgados de Sevilla. A3

A nai do Cuco, o menor que pasou tres anos nun centro como encubridor do asasinato de Marta del Castillo, foi condenada a sete meses de prisión ao non pagar unha multa imposta por quebrantar, nunha viaxe en coche xunto ao seu fillo, a súa orde de afastamento respecto dos pais da moza.

O titular do Xulgado do Penal 10 de Sevilla, nunha sentenza á que tivo acceso Efe, sinala que Rosalía Inmaculada García foi condenada a 420 días de multa a razón de 6 euros diarios que "non satisfixo voluntariamente nin tampouco atoparon bens suficientes para facela efectiva pola vía da prema".

CONDENA. O 14 de novembro de 2010, o Cuco foi interceptado cando viaxaba nun vehículo xunto aos seus proxenitores pola AP-4, que une Sevilla e Cádiz, a 26 quilómetros da provincia hispalense, cando sobre el pesaba unha orde de afastamento que lle impedía achegarse a menos de 50 quilómetros da familia de Marta del Castillo ou do seu lugar de residencia.

Por estes feitos foron xulgados ambos os proxenitores –o pai faleceu– e condenada a nai a unha multa de 2.520 euros impagada.

O pai de Marta, Antonio del Castillo, fíxose eco da noticia e recordou que á nai do Cuco "aínda queda outro asunto xudicial por falso testemuño"

 

O fallo sinala que a contía pendente de pago ascende a 2.520 euros e alega que o Código Penal impón que as multas insatisfeitas levarán unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de cárcere por cada dúas cotas impagadas, polo que impón á condenada a pena de 210 días de prisión nun auto ante o que cabe recurso.

O xuíz dá traslado da condena á Fiscalía e á defensa da nai do Cuco para pronunciarse respecto da suspensión ou non da pena, o seu cumprimento mediante traballos en beneficio á comunidade "ou o modo de execución da pena imposta".

A defensa de Rosalía García informou a Efe de que solicitará a suspensión da pena de prisión.

Francisco Javier García, alias o Cuco –amigo de Miguel Carcaño, que cumpre 20 anos de cárcere polo asasinato de Marta del Castillo–, foi procesado por un xulgado de menores ao ser menor de idade no momento do crime, en 2008, e pasou tres anos de internamento nun centro de menores.

O pai de Marta, Antonio del Castillo, fíxose eco da noticia na súa conta de Twitter sinalando que estarán pendentes e recordou que á nai do Cuco "aínda queda outro asunto xudicial por falso testemuño" sobre as horas nas que declarou que o seu fillo chegou a casa a noite do crime.

Comentarios