A nave Soyuz aterra tras fallar o foguete e rescatan vivos e indemnes os astronautas

A cápsula na que se atopaban os dous tripulantes foi expulsada de xeito automático, o que garantiu a súa seguridade

La nave Soyuz aterriza tras fallar el cohete. YURI KOCHETKOV
photo_camera A nave Soyuz aterra tras fallar o foguete. YURI KOCHETKOV

A nave Soyuz MS-10, que despegou este xoves co cosmonauta ruso Alexéi Ovchinin e o astronauta da NASA Nick Hague a bordo, tivo que regresar e aterrar en Kazajistán por un fallo no motor. Os dous tripulantes están vivos, segundo confirman fontes rusas.

O equipo de rescate xa localizou á tripulación. Os médicos non detectaron lesións nin a Alexéi Ovchinin nin a Nick Hague", aclararon. Estas informacións foron confirmadas tamén pola NASA, quen dixo que o estado de ambos é bo".

Os astronautas, que xa foron sacados da cápsula que aterrou no medio da estepa kazaka, serán trasladados ao hospital para sometelos aos pertinentes exames médicos.

Ao parecer, a cápsula na que se atopaban os dous tripulantes foi expulsada de xeito automático polo sistema de seguridade, o que garantiu que a súa vida non correse perigo. Segundo informacións citadas pola NASA, a Soyuz descendeu á terra nunha traxectoria "balística" e aterrou a 20 quilómetros de Jezkazgan, en Kazajistán.

O lanzamento da nave no marco da misión 57-58 produciuse ás 08.40 GMT e pouco despois o propulsor comezou a fallar, polo que a tripulación tivo que volver á Terra. O Goberno ruso ha suspendido todos os lanzamentos previstos coa Soyuz, que sufriu unha avaría similar a esta en 1983, segundo medios rusos. 

Estaba previsto que a nave dese catro voltas á Terra para axustarse seis horas despois á EEI (Estación Espacial Internacional) para, dúas horas logo da súa chegada, abrirse as comportas e unirse aos tres membros que se atopan na estación.

Comentarios