Unha nena francesa de tres anos pasa seis días soa co cadáver da súa nai

Os veciños alertaron á policía ao observar que a nena durmía no balcón da súa casa

Unha nena de tres anos da localidade francesa de Perpiñán pasou seis días a soas no seu piso co cadáver da súa nai, de 41 anos. O xornal francés Le Parisien informou de que os veciños alertaron á policía ao observar que a nena durmía no balcón da súa casa.

Os veciños asustáronse ao falar con ela e confesar que a súa nai estaba durmida primeiro e máis tarde que "seguía durmida no baño". Nese momento puideron confirmar as sospeitas e chamaron ás autoridades. A nena alimentouse ese tempo grazas a atopara un cazo con comida na cociña, pero non dispuñan de auga debido a un corte na subministración. Tras ser atopada foi ingresada nun centro hospitalario.

Comentarios