miércoles. 21.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 21.10.2020
El tiempo

Os nenos de hoxe en día teñen máis forza de vontade que os dos anos 60

Nenos. GALICIAÉ
Nenos. GALICIAÉ

Esta é a principal conclusión dunha investigación dirixida por psicólogos da Universidade de Minesota

Os nenos de hoxe en día teñen máis forza de vontade que os que creceron na década de 1960 porque, entre outros motivos, a tecnoloxía fíxoos máis intelixentes, segundo un estudo publicado este luns na revista especializada Developmental Pshychology.

Esta é a principal conclusión dunha investigación dirixida por psicólogos da Universidade de Minesota (EE.UU.), que determinaron que actualmente os menores poden esperar ser premiados máis tempo se a cambio logran unha recompensa maior. "Aínda que vivimos nunha era de gratificación instantánea onde todo parece estar dispoñible de inmediato a través de teléfonos intelixentes ou internet, o noso estudo suxire que os nenos de hoxe poden atrasar a gratificación máis tempo que os nenos dos anos sesenta e oitenta", apuntou a autora principal, Stephanie Carlson.

Durante a proba, os investigadores prometeron aos menores que poderían comerse dúas nubes de azucre, para iso debían de non caer na tentación para comer un só doce mentres quedaban 20 minutos a soas coa lambetada nunha habitación.

Os nenos que participaron neste estudo de 2012 esperaron unha media de dous minutos máis que aqueles que realizaron a mesma proba nos anos sesenta e, polo tanto, "é máis probable que teñan éxito" no futuro, indicaron os investigadores.

Unha explicación a esta diferenza é que nas últimos décadas houbo un aumento dos Coeficientes Intelectuais (CI) entre os nenos, un incremento que foi relacionado coas melloras tecnolóxicas e un maior acceso á escolarización.

Os psicólogos sinalaron que a tecnoloxía "dá aos nenos unha visión global do mundo" e axuda a desenvolver "máis rápido" as súas habilidades. Os resultados desta proba contradin os argumentos que apuntan que os avances tecnolóxicos fixeron que os nenos sexan máis impacientes.

De feito, o equipo da Universidade de Minesota realizou unha enquisa en liña a 358 adultos estadounidenses, aos que se lles preguntou canto tempo pensaban que esperarían os nenos de hoxe en día en comparación cos nenos na década de 1960.

Ao redor do 72% sinalou que os nenos de agora non esperarían tanto tempo como os da década dos sesenta, mentres que o 75% opinou que os nenos de hoxe "terían menos autocontrol". "Estes achados serven como un claro exemplo de como a nosa intuición pode estar equivocada e da importancia de investigar", argumentou o coautor do estudo, Yuichi Shoda.

Neste sentido, Shoda resaltou que se as xeracións pasadas de científicos non recompilasen "sistematicamente" datos sobre canto tempo esperan os nenos neste tipo de experimentos, o equipo non atopase estas modificacións.

Os nenos de hoxe en día teñen máis forza de vontade que os dos anos 60
comentarios