martes. 28.09.2021 |
El tiempo
martes. 28.09.2021
El tiempo

O ‘obrigado’ de Néstor Rego e Pedro Sánchez que causou polémica na rede

Néstor Rego. JUAN CARLOS HIDALGO
Néstor Rego. JUAN CARLOS HIDALGO

O único deputado do BNG no congreso, Néstor Rego, abriu a súa intervención no debate de investidura empregando o galego e finalizou cun " obrigado", ao que Pedro Sánchez respondeu cun " moito obrigado", o que suscitou críticas nas redes polo uso do portugués.

A chiscadela do nacionalista ao reintegracionismo ao substituír o " grazas" normativo polo termo luso pasou ata certo punto desapercibida, pero os internautas asolagaron Twitter cos seus reproches ao líder socialista, aínda que tampouco faltaron voces defendendo a lexitimidade do uso desta palabra en ambos os idiomas.

O ‘obrigado’ de Néstor Rego e Pedro Sánchez que causou polémica na...
comentarios