Ortega Smith acusa a Feijóo de "covarde e servil" ante o nacionalismo

O número dous de Vox acudiu este sábado a Pontevedra, onde tamén tachou ao presidente da Xunta "de republicano"
Antonio Ramilo (izquierda) y Ortega Smith (centro), frente al centro Príncipe Felipe. VOX
photo_camera Antonio Ramilo (esquerda) e Ortega Smith (centro), fronte ao centro Príncipe Felipe, en Pontevedra. VOX

O secretario xeral de Vox e deputado no Congreso, Javier Ortega Smith, acusou ao presidente da Xunta e candidato á reelección polo PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, de protagonizar a "claudicación máis covarde e servil ás políticas de imposición do nacionalismo" tras a decisión da Xunta de aprobar o cambio de denominación do CEIP Príncipe Felipe –integrado na Cidade Infantil Príncipe Felipe, dependente da Deputación de Pontevedra– polo da mestra pontevedresa Daría González.

Nun "acto de denuncia" celebrado cuns 40 simpatizantes ante as instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe en Pontevedra, Ortega Smith cualificou esta medida de exemplo "clarísimo" de que Núñez Feijóo e a Consellería de Educación "ponse de xeonllos ante a imposición de quen queren encher de nomes nacionalistas que odian ao resto de España, nada menos que unha escola infantil".

Ortega Smith: "Feijóo utiliza á poboación votante de partidos de dereitas para facer as políticas da esquerda e se nbsp;acovarda&por defender a España en Galicia"

Ortega Smith estivo acompañado polo candidato de Vox por Pontevedra ao Parlamento, Antonio Ramilo, que criticou que a Deputación, "dirixida polo PSOE propón, e Feijóo dispón en política educativa e en calquera aspecto da política galega, aceptando todas as súas políticas progresistas e os parámetros da esquerda nacionalista".

Para Ramilo, este cambio de nomenclatura é "unha afronta á xefatura do Estado" e mostrou a súa "sorpresa maiúscula" porque, no canto de actualizar "" a denominación polo da "princesa de Asturias ou o rei Felipe VI", elixiron a unha "política nacionalista galega", en alusión a Daría González, que foi mestra, fundadora da Fundación Alexandre Bóveda e estivo vinculada ao Partido Galeguista, ademais de ser tenente alcalde de Cultura tras as primeiras eleccións democráticas.

Pola súa banda, Ortega Smith cuestionou se Feijóo, "ademais de nacionalista e aceptar as teses da esquerda radical", como "a imposición da ideoloxía de xénero" nas escolas, volveuse "republicano e odia a monarquía parlamentaria".

Tamén lle reprochou ao candidato do PPdeG á Xunta que "utiliza á poboación votante de partidos de dereitas para facer as políticas da esquerda", ademais de que se esconde e acovarda de defender a España en Galicia".

Os simpatizantes de Vox concentráronse no acceso ás instalacións porque non tiñan autorización da administración provincial para acceder. A Deputación indicou que o cambio de nome do centro foi unha decisión do claustro, autorizada polo organismo provincial e aprobada pola Xunta.

Comentarios