Casado e Margallo presentan as súas candidaturas á Presidencia do PP

O vicesecretario de Comunicación do PP e o exministro de Asuntos Exteriores deron un paso adiante este luns

Pablo Casado y José Manuel García Margallo. AEP
photo_camera Pablo Casado, nunha rolda de prensa recente. RAÚL SANCHIDRIÁN

O vicesecretario de Comunicación do PP, Pablo Casado, e o exministro de Asuntos Exteriores José Manuel García Margallo anunciaron este luns que se presentan ao congreso do partido para ocupar a Presidencia e relevar a Mariano Rajoy.

"Decidín presentarme ao Congreso Nacional do PP", sinalou Casado nunha mensaxe na súa conta de Twitter. E finalizou a mensaxe coa etiqueta #Ilusiónporelfuturo.

Casado é o primeiro membro da cúpula do PP que anuncia a súa intención de concorrer á carreira interna para suceder a Mariano Rajoy. Forma parte do Comité de Dirección do PP desde xuño de 2015, cando foi nomeado vicesecretario de Comunicación.

Nacido en Palencia, Casado ten 37 anos e leva no PP desde moi novo. Foi presidente de Nuevas Generaciones entre 2005 e 2013. Entre 2007 e 2009 foi deputado da Asemblea de Madrid e desde 2011 é deputado no Congreso pola provincia de Ávila.

GARCÍA MARGALLO. En declaracións a Efe, García Margallo asegurou que fará efectiva a súa candidatura nas próximas horas, independentemente de que o presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, dea tamén o paso para presentarse. "Se se chegara a un acordo eu tería dado un paso atrás. Agora hai moita xente que se comprometeu coa miña candidatura, xa non me pertence", dixo.

Comentarios