O pai do neno que morreu nunha cacería: "O meu fillo sabía onde estaba o perigo"

A familia do menor presentouse como acusación particular

José Antonio Ávalo. ANTENA 3
photo_camera José Antonio Ávalo. ANTENA 3

José Antonio Ávalo, o pai de Aitor, o neno de catro anos que faleceu nunha cacería en Guillena (Sevilla) o pasado 19 de xaneiro, asegurou no programa Espejo Público que o seu fillo era consciente de onde se atopaba.

"O meu fillo era unha persoa con catro anos moi consciente, el mesmo dicía que non era un bebé; sabía en todo momento onde estaba o perigo", comentáballe Ávalo a Susana Griso.

O proxenitor insistiu en todo momento que o pequeno non se separou do seu lado:  "O meu fillo caeu nos meus pés porque non se moveu da miña beira".

"Aitor era feliz observando a caza. Hai pais que levan ao seu fillo ao fútbol, a esquiar... todos eramos conscientes do lugar e do sitio onde se atopaba o neno", resolvía.

A familia do menor presentouse como acusación particular contra o presunto autor do disparo, que se atopa en liberdade provisional acusado de homicidio imprudente.