Unha parella de anciáns escapa dunha residencia para acudir a un festival de heavy

A Policía localizounos ás tres da madrugada no Wacken Open Air, celebrado en Alemaña

Asistentes al festival de música Wacken Open Air. SRDJAN SUKI (EFE)
photo_camera Asistentes ao festival de música Wacken Open Air. SRDJAN SUKI (EFE)

A paixón move montañas e senón que llo digan a dous anciáns que se deron á fuga para acudir a un concerto de heavy.

A parella escapou dunha residencia de maiores para asistir ao festival de metal máis grande do mundo, o Wacken Open Air, en Alemaña.

O persoal do centro púxose en contacto coa Policía para comunicarlle a desaparición e foron os axentes os que os localizaron ás tres da madrugada do venres no evento musical, coñecido como a Meca do Metal, que acolleu preto de 75.000 asistentes.

Comentarios