Unha pasaxeira dá a luz en pleno voo e obriga a dar media volta ao avión

A nave cubría o traxecto Casabranca-Nova York
Una avión de Royal Air Maroc. EP
photo_camera Una avión de Royal Air Maroc. EP

Unha pasaxeira dun avión marroquí que voaba entre Casabranca e Nova York deu a luz este mércores en pleno voo e obrigou ao avión a dar media volta e regresar ao aeroporto casablanqués.

Segundo un comunicado emitido pola compañía Royal Air Moroc, que freta o voo AT200, a pasaxeira comezou a sentir as contraccións ao pouco de despegar, e tivo que ser asistida polas azafatas e a xefa de cabina, que están formadas para urxencias parecidas.

Unha hora despois do despegamento, a pasaxeira deu a luz a unha nena en perfecto estado de saúde.
A compañía aclarou que "conforme á regulamentación en vigor", o comandante do voo viuse obrigado a dar media volta e volver ao aeroporto de Casabranca, onde un equipo médico de urxencia esperaba á nai e o bebé.