Pedro Sánchez declara 180.794 euros en bens inmobles e unha débeda de 192.027 euros

O BOE publica o patrimonio de 1.000 altos cargos: Rajoy ten 1,5 millóns e Borrell é o actual ministro con máis patrimonio: 2,77

Pedro Sánchez. EMILIO NARANJO (EFE)
photo_camera Pedro Sánchez. EMILIO NARANJO (EFE)

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, declarou un patrimonio de 180.794 euros en bens inmobles e un pasivo (créditos, préstamos e débedas) por importe de 192.026 euros.

Un patrimonio incluído nas declaracións de bens patrimoniais de máis de 1.000 altos cargos deste Executivo e do anterior, publicadas este sábado polo Boletín Oficial do Estado (BOE).

Segundo esa declaración, o xefe do Executivo posúe 21.434 euros en depósitos en conta corrente e outros produtos financeiros e 5.667 euros en accións e participacións. Ademais, declarou 135.093 euros noutros "bens e dereitos de contido económico".

O seu predecesor, o pontevedrés Mariano Rajoy, Rajoy ten máis de 1,5 millóns, ademais de 270.106,87 euros en seguros de vida.

O ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, Josep Borrell, conta cun patrimonio de 2,77 millóns de euros, dos que 983.400 euros corresponden a bens inmobles, o que o converte no membro do Goberno de Pedro Sánchez con máis patrimonio declarado.

Borrell é o ministro con máis patrimonio: 2,77 millóns de euros

Segundo a declaración do titular de Exteriores, ademais dos 983.400 euros en bens inmobles, Borrell declarou 923.274 euros en depósitos en contas correntes e outras imposicións.

Ademais, en participacións en capital social ou fondos de entidades "xurídicas negociadas", o ministro di ter 589.248 euros, así como outros 273.967 noutros bens e dereitos de contido económico e 4.600 euros en seguros de vida.

Pola súa banda, o ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, no centro da polémica esta semana polo seu chalé en Jávea, declarou activos económicos en contas correntes, accións e participacións en fondos e sociedades e outros dereitos de contido económico por un valor total próximo aos 1,5 millóns de euros.

Pedro Duque, tras a polémica polo seu chalé, declara activos por valor próximo a 1,5 millóns

Segundo a declaración do titular de Ciencia, en bens inmobles declarou 37.628 euros, mentres que en depósitos en contas correntes e outras imposicións a cifra é de 227.319 euros.

Ademais, en participacións en sociedades ou fondos de investimento declarou 661.519 euros, e en participacións no capital social ou fondos de entidades "xurídicas negociadas", 525.000 euros, ademais doutros 69.000 noutros bens e dereitos de contido económico.

Comentarios