Polémica en Xixón: "Non tocar as tetas á camareira sen desinfectarse as mans"

Un bar da cidade asturiana colgou un cartel con esa mensaxe, que non tardou en ser reprobado por diferentes colectivos debido ao seu carácter machista
O polémico cartel. FACEBOOK
photo_camera O polémico cartel. FACEBOOK

Un bar de Xixón desatou a indignación tanto na cidade como nas redes sociais logo de colgar un cartel coa seguinte mensaxe:  "Non tocar as tetas á camareira sen desinfectarse as mans, grazas".

O Consello de Asociacións de Mulleres de Xixón expresou a súa condena ao que consideran unha mal chamada "broma". Aínda que o cartel, debido ás críticas, foi retirado, e desde o establecemento pediron desculpas, o Consello de Mulleres, a través dunha nota de prensa, tachou a actitude do bar de "machista". 

As desculpas do local. INSTAGRAM

"Con estas actitudes menosprézase o traballo digno de moitas mulleres e homes que o necesitan para pagar o aluguer ou comer", recalcaron. 

Por outra banda, a alcaldesa da cidade opinou que lle parece "intolerable e inxustificable" o cartel. "Incluso a corrección paréceme intolerable", asegurou Ana González en declaracións aos medios de comunicación. é máis, pediu á Oficina Municipal de Políticas de Igualdade que estude a posibilidade de tomar algunha acción legal. 

A rexedora defendeu, a este respecto, que hai certas cousas que non teñen que ocorrer e que non se pode logo simplemente pedir desculpas. 

"Xixón non pode permitir esas gracietas que o único que fan é demostrar un substrato do machismo máis vello e rancio na nosa cidade", reivindicou, para despois reiterar que lle parece "intolerable" a colocación dese cartel. 

Comentarios