Poxan un autógrafo de Schwarzenegger para reunir fondos para salvar tartarugas

O recadado irá destinado ao Parque Nacional Donau-Auen, en Austria

Arnold Schwarzenegger. NINA PROMMER (EFE)
photo_camera Arnold Schwarzenegger. NINA PROMMER (EFE)

Un autógrafo do actor Arnold Schwarzenegger nun enorme retrato fotográfico saíu este mércores á venda nunha poxa en internet cun prezo mínimo de 100 euros (116,9 dólares) e o diñeiro que se recade irá destinado a un programa de protección de tartarugas silvestres en Austria.

Durante unha visita o pasado mes de maio a Viena, o exgobernador de California (EE.UU.) –de orixe austríaca– asinou unha das fotografías adhesivas que levaba un dos tranvías para promocionar unha cume contra o cambio climático que protagonizaba.

Na capital austríaca o actor participou na reunión da iniciativa R20, un proxecto de Schwarzenegger que reúne a rexións e municipios para limitar a emisión de gases de efecto invernadoiro.

A empresa municipal de transporte público da cidade decidiu poxar o autógrafo e que os fondos se dediquen a un programa de protección das últimas tartarugas silvestres austríacas no Parque Nacional Donau-Auen.

As poxas polo retrato pódense realizar na web da casa de poxas Dorotheum ata o próximo día 27. 

Comentarios