Prisión para un home por gravar espidas a menores, entre elas a súa sobriña

A investigación comezou cando o irmán do detido se persoou ante a Policía Nacional para denunciar que este gravara á súa filla centrándose nos órganos xenitais mentres durmía

A autoridade xudicial ordenou o ingreso en prisión provisional para un mozo de 25 anos que foi detido pola Policía Nacional por fotografar e gravar espidas a menores de pouca idade, entre elas a súa sobriña.

A investigación comezou cando o irmán do detido se persoou ante a Policía Nacional para denunciar que este gravara á súa filla centrándose nos órganos xenitais mentres durmía, segundo informou a Policía nun comunicado.

As pescudas policiais permitiron aos axentes intervir un dispositivo no que se almacenaban máis de 30 vídeos de contido pedófilo, algúns deles descargados de Internet e outros de produción propia e similares ao que o detido gravara á súa sobriña.

Durante a investigación os policías pescudaron que o detido, ademais de aproveitarse do vínculo familiar para cometer o delito, utilizaba o seu posto de traballo nun club de Marbella (Málaga) para tomar imaxes de forma discreta de mulleres, centradas na súa maioría nas zonas íntimas.

Comentarios