Prisión provisional para unha detida nos altercados contra Vox en Barcelona

Catro detidos foron postos en liberdade este domingo con obrigación de comparecencia periódica ante autoridade xudicial

Manifestación contra Vox en Barcelona. ALEJANDRO GARCÍA, EFE
photo_camera Manifestación contra Vox en Barcelona. ALEJANDRO GARCÍA, EFE

Unha detida polos altercados este sábado en Barcelona por un acto de Vox está en prisión provisional e catro detidos foron postos en liberdade este domingo con obrigación de comparecencia periódica ante autoridade xudicial, informou o Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) nun comunicado. 

Os xulgados de Instrución 14, 15 e 16 de Barcelona en funcións de garda de detidos recibiron este domingo a cinco dos sete detidos polos altercados deste sábado, mentres que os outros dous, menores de idade, non pasaron a disposición xudicial no TSJC, pois lles corresponde a Fiscalía. 

A detida que se atopa en prisión provisional, comunicada e sen fianza está dentro dunha causa aberta por atentado á autoridade con instrumento perigoso, e un dos detidos en liberdade é militante de Arran, informou a organización xuvenil en Twitter.

Comentarios