Prisión provisional para os tres detidos por violar presuntamente a unha muller en Murcia

▶  Tamén foi detida unha muller por omisión de socorro
Manifestación en Vilalba contra a violencia machista. EFE
photo_camera Manifestación en Vilalba contra a violencia machista. EFE

A titular do Xulgado de Garda ordenou o ingreso en prisión provisional dos tres detidos por violar presuntamente a unha muller o sábado nun inmoble da rúa Santa Rita de Murcia. 

Ademais, hai unha cuarta detida en relación con estes feitos, por un delito de omisión de socorro, que quedou en liberdade con obrigación de comparecer no xulgado. A Policía Nacional segue investigando para esclarecer os feitos e como se produciu a violación. Despois de que un viandante atopase á vítima, ás 13.07 horas, e avisase ao 112 de que a muller presentaba golpes e sangue no rostro. 

A vítima, de orixe estranxeira, relatou que foi asaltada no interior dun edificio polos tres detidos que, tras golpeala, obrigárona a meterse nunha vivenda onde a violaron. 

Comentarios