O PSOE convoca a súa Executiva en vésperas da segunda votación de investidura

A reunión prodúcese nun momento en que Podemos espera unha nova proposta dos socialistas
Una reunión de la ejecutiva socialista. EFE
photo_camera Unha reunión da executiva socialista. EFE

O PSOE convocou para este mércores ás 10:30 á súa Executiva Federal, que se reunirá en vésperas da segunda e decisiva votación para a investidura do candidato socialista Pedro Sánchez, informaron a Efe fontes socialistas.

A reunión prodúcese nun momento en que Podemos espera unha nova proposta do PSOE para desencallar as negociacións para conformar un Goberno de coalición.

Este martes, no segundo día do debate de investidura, o candidato á Presidencia, Pedro Sánchez, admitiu na súa réplica ao portavoz do PNV, Aitor Esteban, o "nulo éxito" ata agora das negociacións con Unidas Podemos pero asegurou que o segue intentando porque é o socio "co quere cooperar e gobernar".

Tamén no Congreso, esta vez en declaracións á prensa, a vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, prometeu seguir negociando con Podemos ata "o último minuto" e asegurou que o PSOE non vai levantarse da mesa en ningún momento.

Calvo confirmou que os socialistas manteñen a súa última oferta a Unidas Podemos, que segundo dixo é "respectuosa" coas reclamacións dese partido e "respectable" para os perfís políticos dos seus dirixentes.

E asegurou que ao seu partido sorprendeulle moito o discurso deste luns de Iglesias, no primeiro día do debate de investidura, por entender que colocaba nunha "posición máis complicada" a negociación.

Comentarios