Puigdemont descarta presentarse ás primarias de JxCat pero irá nas listas

Borràs anuncia a súa candidatura e recibe o apoio de Torra ► Tamén se presentará o conseller Damià Calvet
Laura Borrás. BALLESTEROS (EFE)
photo_camera Laura Borràs. BALLESTEROS (EFE)

O expresidente da Generalitat e líder de JxCat, Carles Puigdemont, descartou presentarse ás primarias do partido para encabezar a candidatura de JxCat nas eleccións catalás previstas o 14 de febreiro, pero estará nas listas

Explicárono fontes coñecedoras a Europa Press, poucas horas antes de que finalice o prazo fixado polo regulamento de JxCat para presentar as candidaturas ás primarias. A votación será os días 28 e 29 de novembro

Os que si anunciaron que concorrerán ás primarias para seren os presidenciables son a portavoz de JxCat no Congreso, Laura Borràs, e o conseller de Territorio e Sustentabilidade, Damià Calvet. O conseller de Políticas Dixitais, Jordi Puigneró, descartou a posibilidade. 

Borràs anunciou a súa decisión cun vídeo colgado na súa conta de Twitter. "Cando te dás contas de que é necesario facer unha cousa e cres que podes contribuír a iso, xuntas ao teu redor persoas que che dean apoio para empezar a transformar a realidade. Isto é o que fago dando un paso adiante para presentarme como candidata de JxCat a presidir a Generalitat", explica. 

Por iso, pediu aos militantes do partido que se somen a un proxecto "baseado na forza da xente, que cren que hai que perseverar para conseguir a independencia do país". 

O expresidente da Generalitat Quim Torra manifestou abertamente o seu apoio a Borràs nunha mensaxe: "Pola República Catalá! Adiante".

Comentarios