A razón detrás do repentino escurecemento da pel de dous médicos chineses contaxiados

As imaxes difundidas pola televisión pública chinesa deron a volta ao mundo
A pel dos doutores Yi Fan e Hu Weifeng escureceuse notablemente. CCTV
photo_camera A pel dos doutores Yi Fan e Hu Weifeng escureceuse notablemente. CCTV

Dous médicos chineses contaxiados de coronavirus tiveron unha reacción pouco común a un tratamento que se está probando contra o Covid-19. Ao espertar do coma inducido, a pel de Yi Fan e Hu Weifeng escurecérase notablemente, tal e como se aprecia nas imaxes difundidas pola televisión pública chinesa.

Trátase dun efecto secundario á cloroquina, un medicamento utilizado no tratamento e prevención da malaria e co que actualmente se está experimentando para combater o coronavirus.

Ao parecer, o escurecemento da pel dos médicos, que xa superaron o coronavirus, produciuse polo dano que provoca a sustancia no fígado. Por esta razón, espérase que a hiperpigmentación vaia remitindo a medida que este órgano volva funcionar correctamente. 

Comentarios