Reino Unido ensaia con ibuprofeno para o tratamento do coronavirus

Os científicos estudan se este antinflamatorio pode axudar a combater o Covid-19
Pastillas de ibuprofeno. FLICKR
photo_camera Pastillas de ibuprofeno. FLICKR

Científicos no Reino Unido farán uns ensaios para establecer se o ibuprofeno, un fármaco amplamente utilizado para tratar inflamacións ou dores, pode axudar no tratamento dos pacientes hospitalizados con coronavirus.

Expertos do hospital Guy's & St Thomas' de Londres e da universidade King's College, tamén na capital británica, estiman que o fármaco pode ser utilizado para aliviar os problemas respiratorios dos pacientes e sacalos dos ventiladores.

ENSAIOS. Neste ensaio, que leva o nome de Liberate, a metade dos pacientes recibirán ibuprofeno, ademais do coidado habitual, segundo informan este mércores os medios locais.

No entanto, nestas probas utilizarase unha fórmula especial de ibuprofeno en lugar das pastillas que se poden comprar sen receita nas farmacias británicas.

O ibuprofeno é recetado especialmente para os pacientes que padecen artrites.

DÚBIDAS. "Temos que facer unha proba para mostrar que a evidencia realmente corresponde co que esperamos que pase", sinalou Mitul Mehta, do King's College de Londres.

Ao principio da pandemia, durante o pasado marzo, os medios informaron de que había inquietude entre os expertos sobre o uso do ibuprofeno por parte de persoas con síntomas leves do coronavirus, algo que despois se descartou.

Comentarios