Marlaska desvincula o cesamento de Pérez de los Cobos do informe sobre o 8-M

Pablo Salas será o substituto de Laurentino Ceña como DAO da Garda Civil, tras dimitir este martes
O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, este martes en rolda de prensa. BALLESTEROS (EFE)
photo_camera Laurentino Ceña. MONCLOA

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, desvinculou o cesamento do coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Madrid, Diego Pérez de los Cobos, do informe sobre as manifestacións do 8-M que o instituto armado remitiu a un xulgado.

Así o asegurou Marlaska na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros deste martes, na que indicou que ese cesamento é "unicamente debido" a unha "política razoable e normal de reconstrución de novos equipos e dentro do ámbito de máxima confianza que todo dirixente político expón"

Ademais, o ministro do Interior propuxo ao xeneral Pablo Salas, actual xefe de Información da Garda Civil, como novo director adxunto operativo (DAO) do Instituto Armado, tras a saída do cargo do actual número dous, o tenente xeral Laurentino Ceña. 

Este martes transcendeu que Ceña deixaba o cargo de DAO. A decisión tomouse un día despois que Grande-Marlaska cesase ao coronel Diego Pérez de los Cobos. 

O DAO é o único responsable que non ten límites de tempo no cargo, salvo que pida voluntariamente o cesamento ou sexa relevado. A previsión, segundo han explicaron fontes da Garda Civil, é que fose relevado en marzo, pero se suspendeu  debido á crise do coronavirus. 

A crise na Garda Civil desatouse este luns, cando Grande-Marlaska destituíu a Pérez de los Cobos por"perda de confianza" ao non comunciar que remitira ao xulgado un informe sobre as manifestacións do 8M.

Ceña tiña pensado retirarse este mesmo mes, como manifestara publicamente, xa que cumpría os 65 anos e quería xubilarse, aínda que no seu cargo de DAO podía continuar independentemente da idade.

No entanto, a decisión de Grande-Marlaska de destituír ao xefe da Garda Civil de Madrid polo informe sobre as manifestacións do 8-M, Día da Muller, permitidas pola Delegación do Goberno, e entregado á titular do xulgado 51 de Madrid, precipitou a renuncia de Ceña.

O DAO contaxiouse da Covid-19, aínda que pasou a enfermidade en casa e xa non volveu comparecer nas conferencias de prensa

O número dous do instituto armado non compartiu a "inxerencia" do Goberno na investigación do 8-M, que deu lugar a un informe da Garda Civil, na súa calidade de Policía Xudicial, onde se indica que o Goberno coñecía nesa data a gravidade da crise sanitaria do coronavirus.

Laurentino Ceña formou parte do comité técnico de seguimento da crise sanitaria e participou nas roldas de prensa diarias que cada mañá se ofrecían de forma telemática no Palacio da Moncloa.

O DAO contaxiouse da Covid-19, aínda que pasou a enfermidade en casa, aínda que xa non volveu comparecer nas conferencias de prensa.

A decisión de Grande-Marlaska de destituír a Pérez de los Cobos provocou un gran malestar non só nas asociacións profesionais do corpo senón tamén en mandos do instituto armado, que non entende esa "inxerencia" do ministerio. 

Cs e PP piden a dimisión de Grande-Marlaska
A portavoz do PP na Comisión de Interior do Congreso, Ana Belén Vázquez, asegurou este martes, apenas minutos logo de coñecerse a dimisión do DAO da Garda Civil, que quen debería dimitir é o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska. 

A esta postura tamén se sumou o portavoz adxunto de Cs no Congreso, Edmundo Bal, quen avogou pola dimisión do ministro de Interior debido ao "inmenso dano" que está a causar á Garda Civil. 

Pola súa banda, a portavoz de Vox na Asemblea de Madrid, Rocío Monasterio, tachou este martes de "purga" a destitución do xefe da Garda Civil de Madrid, Diego Pérez de los Cobos, unha decisión que lle recorda "a réximes totalitarios".

Mentres, o portavoz de Unidas Podemos no Congreso, Pablo Echenique, denunciou que o informe xudicial sobre a manifestación do 8-M realizado polo destituído xefe da Garda Civil en Madrid, Diego Pérez de los Cobos, é "un pastiche de bulos", e puxo sobre a mesa o termo "lawfare", que fai referencia á práctica de emprender unha "guerra xurídica" contra opoñentes políticos ou contra un Goberno, levando aos tribunais a disputa política. 

Comentarios