Rescatados no estreito de Gibraltar tres inmigrantes menores nunha barca de xoguete

Unha embarcación de Salvamento trasladounos ao porto de Alxeciras

Salvamento Marítimo rescatou este martes no estreito de Xibraltar tres inmigrantes menores de idade cando intentaban alcanzar as costas españolas a bordo dunha barca de xoguete a remos. Segundo informaron a Efe fontes de Salvamento Marítimo, o rescate produciuse tras unha chamada telefónica realizada sobre as 7.30 horas por un mercante ao Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Tarifa (Cádiz) alertando da presenza dunha patera na zona.

Inmediatamente, activouse un dispositivo de procura e a embarcación Salvamar Arcturus de Salvamento Marítimo localizou os inmigrantes ao redor das 8.30 horas. Son tres homes de orixe magrebí, os tres menores de idade, que foron trasladados en aparente bo estado de saúde ao porto de Alxeciras.

Comentarios