Rosa Díez pide o voto para Casado nun acto do PP: "Quero que gañes as eleccións"

A exdirixente socialista e exfundadora de UPyD defínese como unha cidadá "sen carné" pero "non neutral"
Álvarez de Toledo, con Pablo Casado y Rosa Díez. @cayetanaAT
photo_camera Álvarez de Toledo, con Pablo Casado e Rosa Díez. @cayetanaAT

A exfundadora de Unión, Progreso e Democracia (UPyD) e exdirixente do PSOE, Rosa Díez, pediu o voto para o líder do PP, Pablo Casado, nas eleccións xerais que se celebran o vindeiro domingo. "Quero que gañes as eleccións", afirmou. 

Así se pronunciou nun acto organizado polo PP no salón Martí L'Humà do Museo de Historia de Barcelona, situado xusto á beira do salón do Tinnel, no que interviñeron tamén Pablo Casado, a portavoz o PP no Congreso, Cayetana Álvarez de Toledo, e o presidente do PP de Cataluña, Alejandro Fernández. 

Logo de ouvir a Casado dicir que non vai haber nin máis valium nin máis ibuprofeno nin máis entreguismo aos nacionalistas nin aos inimigos de España, quero que ti [Casado] gañes as eleccións

Casado defendeu o espírito de 'España Suma' e sinalou que este non era un "acto de partido". Con todo, pouco despois Rosa Díez, que se definiu como unha cidadá "sen carné" pero "non neutral", asegurou que ela si que pensaba que era un acto de partido e que asistira porque lle "dá a gana". 

Tras defender a "agrupación" do constitucionalismo para "defender a democracia, Díez cargou duramente contra a actuación en Cataluña de Pedro Sánchez e José Luís Rodríguez Zapatero. Dito isto, pediu o voto para o PP nas xenerais deste domingo. 

"Pídolle aos cidadáns españois, logo de ouvir a Pablo Casado dicir que non vai haber nin máis valium nin máis ibuprofeno nin máis entreguismo nin aos nacionalistas nin aos inimigos de España, logo de todo iso, estou aquí porque quero que ti gañes as eleccións", concluíu. 

Comentarios