Rosalía, o Mundial ou o caso Cifuentes, entre o máis buscado en 2018 en Google

O feminismo entra con forza coas consultas sobre a folga do 8 de marzo e a sentenza da Manada

La cantante Rosalía. INSTAGRAM
photo_camera A cantante Rosalía. INSTAGRAM

O Mundial de Fútbol, a dimisión de Cristina Cifuentes e a moción de censura son algunhas das procuras que maior crecemento experimentaron en 2018 en Google en España, un ano no que o feminismo entra con forza coas consultas sobre a folga do 8 de marzo e a sentenza da Manada. O mundo da cultura ocupa a maioría dos postos das procuras de personaxes públicos, que encabeza a cantante Rosalía seguida do DJ Avicii, Stan Lee, Stephen Hawking, Freddie Mercury, Meghan Markle, José María Íñigo, Lopetegui, Aretha Franklin e Montserrat Caballé.

A compañía estadounidense fixo público este mércores as preguntas, termos e personaxes que máis interesaron aos españois durante este ano no seu buscador tras medir as tendencias, que non as procuras en termos absolutos. As que máis crecemento experimentaron este ano son, de maior a menor: "Mundial 2018", "Cristina Cifuentes" "Fortnite", "Bohemian Rhapsody", "Cómeme el Donut", "Moción de censura", "Fariña", "Cambio de horario 2018", "Huelga 8 marzo 2018" e "Sentencia La Manada".

A nivel global a lista de personaxes públicos lidéraa Meghan Markle

Os usuarios tamén recorren a Google para liquidar dúbidas e inquietudes con preguntas que comezan por "Que é...?". As preguntas con esta fórmula tamén reflicten os conflitos sociais e políticos dos últimos doce meses: "Que é VTC?", "Que é unha moción de censura?", "Que é derrogación prisión permanente revisable?" ou Que é Brexit?

No apartado de series e televisión, o que máis interesou aos españois son os termos de "Eurovisión", "Gran Hermano VIP" e "Operación Triunfo", mentres que no apartado de eventos deportivos destacan o Mundial, Wimbledon e o US Open.

A nivel global, as tendencias de procura foron similares ás rexistradas en España: a que máis crecemento rexistrou foi o Mundial, seguida polas mortes dos músicos Avicii, Mac Miller e o escritor Stan Lee, mentres que a lista de personaxes públicos lidéraa Meghan Markle. 

Comentarios