Rouban un váter de ouro da casa onde naceu Winston Churchill

O inodoro, de 18 quilates, está valorado nun millón de libras
Imagen del váter de oro. YOUTUBE
photo_camera Imaxe do váter de ouro. YOUTUBE

Un inodoro de ouro de 18 quilates foi subtraído a madrgada deste venres de Blenheim Palace, a mansión na campiña inglesa onde naceu o exprimer ministro británico Winston Churchill, confirmou este sábado a Policía.

Un home de 66 anos foi detido en relación co roubo do váter, valorado nun millón de libras (1,12 millóns de euros) e que formaba parte dunha exposición do artista conceptual italiano Maurizio Cattelan.

A Policía de Thames Valley, que foi alertada ás 03.57 horas (GMT), dixo que o furto do inodoro, que estaba conectado ás tubaxes e era usado polo público, "causou danos graves e un escape", o que motivou o peche provisional da mansión situada en Woodstock (condado de Oxfordshire).

Os axentes consideran que os autores do delito, no que non houbo feridos, puideron "actuar en grupo e usar polo menos dous vehículos".

"A peza de arte aínda non foi recuperada pero efectuamos unha investigación exhaustiva para achala e levar aos responsables ante a Xustiza", declarou a inspectora Jess Milne.

A dourada escultura satírica de Cattelan, titulada America, mostrouse por primeira vez no Guggenheim de Nova York en 2016, onde tamén podía ser usada polos visitantes, e despois o museo ofreceulla ao presidente de Estados Unidos, Donald Trump.

O chamado palacio de Blenheim, do século XVIII e onde aínda residen os descendentes do antigo dirixente conservador, é patrimonio da humanidade e unha das atraccións turísticas do Reino Unido.

Comentarios