Rufián avisa a Sánchez de que a esquerda pagará "o pato" de que non haxa acordo

Cun discurso cargado de reproches, o portavoz dos republicanos cataláns criticouno por vir "sen os deberes feitos"
Gabriel Rufián. BALLESTEROS (EFE)
photo_camera Gabriel Rufián. BALLESTEROS (EFE)

O portavoz de ERC, Gabriel Rufián, advertiu a Pedro Sánchez de que a esquerda "pagará o pato" de que non haxa un acordo con Podemos para formar goberno e entón merecerán que "todos os fillos de Aznar e Don Pelayo lles pasen por encima".

Cun discurso cargado de reproches ao presidente en funcións durante o segundo día do debate de investidura, o portavoz dos republicanos cataláns criticouno por vir "sen os deberes feitos" e pedindo ademais a abstención ao PP e a Ciudadanos.

"Isto onte (por este luns) parecía máis un debate preelectoral da esquerda sacándose os ollos e a dereita aplaudindo coas orellas", sinalou Rufián aínda que si subliñou que Sánchez aínda está a tempo de salvar "a situación".

Acusou ao candidato socialista de estar "xogando ao póker" coa ilusión de miles de persoas que votaron o 28-A para "frear o fascismo e sobre todo para facer desta lexislatura a lexislatura da resolución do conflito político de Cataluña".

Comentarios